tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Perfil de Contratante




Concurso para a contratación do servizo de seguridade da estación de autobuses de Santiago

Data de publicación en web: 24/03/2011

O obxecto do contrato é a realización do servizo de seguridade da estación de autobuses de Santiago.

Estado do procedemento: En prazo de presentación

Tipo de contrato: Licitación pública por procedemento aberto.

Prezo licitación: Orzamento máximo de licitación: 94.000 euros (máis IVE)

Prazo execución: DOUS ANOS (2 anos)

Prazo de presentación de documentación: QUINCE DÍAS NATURAIS a contar dese o día seguinte á data de publicación deste anuncio no DOGA.


Concurso para a contratación do subministro de 10 postes electrónicos de información en parada aos usuarios do transporte urbano en Santiago

Data de publicación en web: 24/03/2011

O obxecto do contrato é o subministro de 10 postes electrónicos de información en parada  aos usuarios do transporte urbano de Santiago.

Estado do procedemento: En prazo de presentación

Tipo de contrato: Licitación pública por procedemento aberto, con distintos criterios de valoración.

Prezo licitación: Orzamento máximo de licitación: 61.000 euros (máis o IVE)

Prazo execución: CINCO MESES (5 MESES)

Prazo de presentación de documentación: QUINCE DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no DOGA.


Servizo de xestión e mantemento do sistema de bicicletas de uso público do Concello de Santiago. Adxudicación

Data de publicación en web: 17/03/2011

O Consello de Administración da Sociedade, reunido o 17/03/11, acordou a ADXUDICACIÓN do contrato de referencia á empresa TUIMIL ELECTRICIDAD, SA por un importe de 58.600 €

A formalización do contrato efectuarase dentro dos quince días hábiles seguintes a aquel no que se reciba a notificación da adxudicación aos licitadores e candidatos.

Unha vez formalizado o contrato actualizarase neste perfil de contratante a data concreta na que se levou a cabo o citado trámite.

Estado do procedemento: Adxudicados