tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Perfil de Contratante




Servizo de seguridade da estación de autobuses de Santiago

Data de publicación en web: 07/03/2018

APERTURA DO SOBRE Nº 2 

Convócase ás empresas que presentaron as súas ofertas en prazo, á apertura do sobre nº 2, que terá lugar o mércores 4 de abril, ás 13.50  horas no Concello (pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro). 

------  

O obxecto do contrato é o servizo de vixilancia e control de accesos das instalacións da estación de autobuses.

Consiste na vixilancia e control de accesos das instalacións da estación de autobuses, por medio dun vixiante de seguridade sen arma, todos os días do ano, en horario comprendido entre as 22.00 e as 6.00 horas.

O servizo enténdese de protección e vixilancia de:

  • Propiedade e os seus bens.

  • Control e cumprimento por parte dos usuarios das normas de seguridade.

  • Comunicación diaria por escrito de incidencias a TUSSA.

  • Apertura, peche e control de todas as portas exteriores da estación e activación e desactivación dos sistemas de seguridade instalados.

Estado do procedemento: Adxudicados

Tipo de contrato: Procedemento aberto, co único criterio do prezo

Prazo execución: O contrato terá un prazo máximo de execución de DEZAOITO MESES, a contar desde o día que se estipule no contrato.

O contrato poderase prorrogar por acordo expreso do órgano de contratación por períodos máximos de tres meses, se ben a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non excederá de 3 anos.

Esta prórroga será obrigatoria para o empresario, ao amparo do disposto no art. 23.2 do TRLCSP.

No caso de que o contrato se prorrogue, manteranse inalterados os prezos unitarios iniciais.

Prazo de presentación de documentación: QUINCE DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial de A Coruña.


Subministro, instalación e servizo de asistencia técnica de mantemento, durante o período de garantía, dun sistema de xestión, control e cobro para as instalacións da Sociedade

Data de publicación en web: 30/10/2017

APERTURA DO SOBRE Nº 3

Convócase ás empresas que presentaron as súas ofertas á apertura do sobre nº 3, que terá lugar o próximo venres 9 de marzo ás 13.45 horas no Concello (pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro).

 

APERTURA DO SOBRE Nº 2 

Convócase ás empresas que presentaron as súas ofertas en prazo, á apertura do sobre nº 2, que terá lugar o próximo xoves, 21 de decembro, ás 14.15 horas no Concello (pazo de Raxoi, na praza do Obradoiro).  

O obxecto do contrato é o subministro, instalación e servizo de asistencia técnica de mantemento, durante o período de garantía, dun sistema de xestión, control e cobro no aparcadoiro e na dársena de autobuses de Xoán XXIII e no aparcadoiro de Belvís.

A adxudicación do contrato realizarase polo órgano de contratación, mediante procedemento aberto, tomando como base os criterios de adxudicación da cláusula 10 do prego administrativo.

Estado do procedemento: Adxudicados

Tipo de contrato: Procedemento aberto

Prazo execución: O prazo de entrega do subministro establécese en tres meses desde a formalización do contrato.

A montaxe e instalación dos equipos e a posta en marcha deberá facerse nun prazo máximo de 10 días desde a entrega do subministro. No caso do aparcadoiro de Belvís, o prazo para a instalación e posta en marcha será de 10 días desde que TUSSA comunique á empresa adxudicataria a finalización das obras de renovación do aparcadoiro.

Respecto dos servizos de asistencia técnica de mantemento, establécese unha duración de DOUS ANOS desde a formalización da Acta de Recepción. Por cada instalación asinarase un Acta de Recepción, polo que as datas de inicio e finalización do contrato de mantemento poden ser diferentes.

Prazo de presentación de documentación: 30 DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación do anuncio no Boletín Oficial de A Coruña,


Servizo de cafetería da estación de autobuses de Santiago (Expte. 2016/CA/outubro). APERTURA SOBRE Nº 2

Data de publicación en web: 19/12/2016

CONVOCATORIA PARA OS LICITADORES: APERTURA DO SOBRE Nº 2

 

Convócase ás empresas que presentaron as súas ofertas á apertura do sobre nº 2, que terá lugar o próximo xoves día 22 de decembro ás 13.00 horas no Concello (pazo de Raxoi, departamento de Urbanismo).

Estado do procedemento: En tramitación