tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Tarifas

Existen diferentes tarifas para os autobuses urbanos, dependendo do tipo de billete utilizado. A continuación podes ver o prezo de cada un deles.

Tipo de billetePrezo
Billete ordinario1,00 /viaxe
Billete escolar (<18 anos)0,55 /viaxe
Bono ordinario0,60 /viaxe
Bono escolar (<18 anos)0,40 /viaxe
Bono mensual26
Bono pensionista0

As recargas dispoñibles para os bonos ordinario e escolar son de 10, 20 e 30 viaxes. Estes dous bonos inclúen o transbordo gratuíto nun prazo de 60 minutos e entre dúas liñas distintas do transporte urbano. O bono mensual, pola súa banda, permite facer viaxes ilimitadas durante 30 días naturais a partir do día da súa primeira cancelación.

Tanto os billetes coma os bonos poden adquirirse nos propios autobuses. No caso do bono, ademais de pagar o importe correspondente á recarga de viaxes, é preciso pagar unha fianza de 3 euros que se reembolsará ao devolver a tarxeta sempre e cando estea en bo estado de uso e conservación.

O billete escolar só é válido para menores de 18 anos.
Existe un bono universitario, para o cal deberase pedir información no Vicerreitorado de Estudantes da Universidade de Santiago.

Lémbrase tamén a eliminación da tarifa concesional dos tramos do termo municipal de Santiago de Compostela incluídos na explotación do transporte urbano (Santa Lucía, Son, Figueiras, Ortoño e Vilamaior).

Para calquera dúbida ou problema, podes chamar ao teléfono de información do transporte urbano 901 12 00 54.