tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos nas liñas 6, 6A, 9, C4, C6 e P5 por corte total ao tráfico na avda. Rodríguez de Viguri (sábado 18/11/2023, de 8:00 a 20:00)

17/11/23

Con motivo das obras que se están levando a cabo na avda. Rodríguez de Viguri, cortarase ao tráfico o treito da avenida comprendido entre as rotondas coa rúa Monte dos Postes e coa avda. do Camiño Francés, afectando tamén á saída desde a pza. Camilo Díaz Baliño cara esta avenida. As liñas 6, 6A, 9, C4, C6 e P5 realizarán os seguintes desvíos, o sábado 18 de novembro entre as 8:00 e as 20:00.

*Sentido de subida (cara rotonda con Camiño Francés):
LIÑAS 6, 6A e P5 – sentido centro cidade. Desde a rúa Valiño e CEIP Monte dos Postes, desviaranse cara a rotonda coa avda. Camiño Francés (acceso centro comercial), continuando por esta avenida e enlazando coa avda. Rodríguez de Viguri antes da pza. de España.

Quedarán suprimidas as paradas: (695) Monte dos Postes nº 8; (108) avda. Rodríguez de Viguri nº 16.

PARADAS ALTERNATIVAS máis próximas: rúa das Fontiñas (colexio) e rúa San Caetano (parque)

*Sentido de baixada (cara rotonda con Monte dos Postes):

1.LIÑAS 6, 6A e P5 – sentido San Marcos e AEROPORTO (6, 6A) – Bando e Vilamaior (P5). Ao non ter saída desde a pza. de Camilo Díaz Baliño, desviaranse desde a avda. Xoán XXIII por pza. da Paz, San Caetano, avda. Rodríguez de Viguri, avda. Camiño Francés, Monte dos Postes (treito CEIP) e Valiño.

Quedarán suprimidas as paradas: (47) Anxo Casal, sent. Praza; (533) avda. Rodriguez de Viguri, lateral antiga estación; Monte dos Postes (conservatorio); (696) Monte dos Postes nº 47.

PARADAS ALTERNATIVAS máis próximas: rúa San Caetano (igrexa), avda. Camiño Francés (antes da rotonda de acceso C.C.), rúa das Fontiñas (colexio)

2.LIÑAS 9 e C6 – sentido Cidade da Cultura (L9) – Pol. Costa Vella (C6). Ao non ter saída desde a pza. de Camilo Díaz Baliño, desviaranse desde a avda. Xoán XXIII por pza. da Paz, San Caetano, avda. Camiño Francés, rúa Monte dos Postes, enlazando coa avda. Rodríguez de Viguri na rotonda onde está o parque de Bombeiros.

Quedarán suprimidas as paradas: (47) Anxo Casal, sent. Camilo D. Baliño; (533) avda. Rodriguez de Viguri, lateral antiga estación.

PARADAS ALTERNATIVAS máis próximas: rúa San Caetano (igrexa), avda. Camiño Francés (antes da rotonda de acceso C.C.), Monte dos Postes, fronte Conservatorio.

*Desvío na liña C4:

Non afecta a ningunha parada. Desviarase desde o Camiño Francés continuando cara pza. de España, San Caetano, Anxo Casal ata a pza. Camilo Díaz Baliño, desde onde iniciará de novo o percorrido.

Todas as paradas situadas nos itinerarios de desvío serán realizadas como provisionais polas liñas a demanda de usuarios.


Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.