tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 13 por corte de tráfico na calzada de San Pedro (do xoves 2/11 ata as 15:30 do venres 10/11)

02/11/23

Con motivo dun peche ao tráfico que ten lugar na calzada de San Pedro, a liña 13 desviarase do seu itinerario habitual:

No traxecto Xeneral Pardiñas – Belvís, a liña 13 realizará o seguinte desvío:
-Itinerario habitual por Porta do Camiño e inicio da rúa de San Pedro, para desviarse continuando pola rúa de San Pedro, Concheiros e Avda. de Lugo. A liña realizará a derradeira parada do traxecto e o tempo de espera na marquesiña da parada 86 (avda. de Lugo, cruce con Quiroga Palacios).



Paradas suprimidas:



(498) Calzada de S. Pedro, Don Bosco



(499) Rúa de Belvís, convento



(111) Avda. Teodomiro, Seminario Menor



(416) Quiroga Palacios nº 10



(417) Quiroga Palacios nº 54




Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles podan ocasionar.