tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos Fontes do Sar (sábado 23/9/2023)

18/09/23

Consulten os servizos de transporte para asitir ao partido de Monbus Obradoiro o sábado 23 de setembro ás 20:45 no multiusos Fontes do Sar.

Haberá un servizo lanzadeira, desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 19:45.
A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 19:45, 20:00, 20:15 e 20:30. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.