tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por corte de tráfico na zona de Casas Novas (sábado 2 e domingo 3 de setembro)

28/08/23

Con motivo das festas do barrio de Casas Novas, a rúa permanecerá cortada ao tráfico a fin de semana:

*O sábado 2 e o domingo 3 de setembro, os autobuses non subirán a costa de Casas Novas, realizando as paradas máis próximas na zona de Santa Isabel.

Esta alteración afectará aos servizos da liña 9 o sábado pola mañá, así como ás prolongacións da liña 4 o sábado pola tarde e domingo todo o día.

Quedarán suprimidas as paradas: (615) Sto. Ignacio do Monte; (179 e 180) Casas Novas nº 53 e 55; (177 e 178) Casas Novas nº 10 e cruce Monte Pío; (207 e 208) Costa de Santa Isabel nº 16 e 18; (384) Ponte da Asén; e (160 e 161) Campo de Santa Isabel.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.