tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña P4 por corte de tráfico na zona da Sionlla (de martes 22 a venres 25/8, de 9:00 a 17:30 cada día)

21/08/23

Con motivo dun corte de tráfico no vial entre Casais e A Castiñeira, na zona da Sionlla, a liña P4 desviarase do seu percorrido habitual:

*Martes 22, mércores 23, xoves 24 e venres 25 de agosto, entre as 9:00 e as 17:30 cada un dos días.

Dado o horario de corte, soamente afectará ao servizo do mediodía da liña P4, que se desviará despois da parada 600 (cruce despois de Casais) e quedará sen realizar a seguinte parada, a 7 en A Castiñeira.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.