tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas C5 e C6, sen acceso ao polígono de Costa Vella (de 9:30 a 20:00 do venres 23/6/2023)

22/06/23

Con motivo dunhas obras de reparación de firme que se están a realizar nas rúas de Seoane e Amio, cortarase ao tráfico o acceso desde Amio ao polígono de Costa Vella.

A partir das 9:30 do venres 23 de xuño, as liñas C5 e C6 realizarán o seu percorrido habitual por Amio (rúa do Cubelo, Porto do Medio e rúa da Mira) e voltarán xa desde o final da Mira pola rúa da Mariñeira, sen acceder por tanto a Costa Vella. Así, os buses C5 e C6 comezarán o día desde o polígono de Costa Vella, e a derradeira saída do mesmo será a da liña C6 das 9:25 da mañá.
Os usuarios que desexen achegarse ou voltar do polígono terán a opción de acceso coa liña 1, que en sentido a Boisaca prolongarase en todas as viaxes ata a parada situada na marquesiña da rotonda da Feira de Amio (429, recinto feiral de Amio). Esta será a única parada que fará a liña 1 no entorno do polígono de Costa Vella.

Quedarán suprimidas mentres duren as obras as seguintes paradas para as liñas C5 e C6:

*507, rúa de Amio nº 48 ----- parada alternativa máis próxima: 472, rúa da Mira 3

*648, rúa de Amio, cruce País Vasco ----- parada alternativa máis próxima: 472, rúa da Mira 3

*214, rúa Castela e León ----- parada alternativa máis próxima: 429, Recinto Feiral de Amio coa liña 1

*212, rúa Eslovenia (cabeceira de liñas) ----- parada alternativa máis próxima: 429, Recinto Feiral de Amio coa liña 1

*429, Recinto Feiral de Amio ----- acceso á liña 1

*430, rúa de Amio nº 114 ----- parada alternativa máis próxima: 429, Recinto Feiral de Amio coa liña 1

*688, rúa de Amio nº 51 ----- parada alternativa máis próxima: 469, rúa da Mariñeira

*506, rúa de Amio ----- parada alternativa máis próxima: 469, rúa da Mariñeira


Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.