tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío por corte de tráfico na rúa Londres (sábado 16/11 de 7:00 a 20:00)

13/11/19

Con motivo dun corte de tráfico na rúa Londres, o sábado 16/11 entre as 7:00 e as 20:00, as liñas 9, C2, C5 e C11 realizarán o seguinte desvío:

*Corte da rúa Londres (entre as rúas Madrid e Lisboa, soamente en sentido Madrid - Lisboa). Servizos comprendidos entre as 7:00 e as 20:00.

*Liñas e traxectos afectados: liña 9 con destino centro e Casas Novas, liña C2, liña C5 e liña C11 con destino centro. As liñas 9 e C11 no sentido inverso de circulación (de Lisboa a Madrid) non precisarán desviarse.

*Desvío: desde a rotonda coa rúa Madrid por rúa das Fontes do Sar, Costa do Vieiro e rúa Dublín, retomando o seu itinerario na rúa Lisboa.

*Quedará suprimida neste horario a parada 296, Londres (EGAP).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.