tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS DE TRANSPORTE

Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos de Sar (domingo 20 de xaneiro de 2019)

16/01/19

Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido do Monbus Obradoiro o domingo 20 de xaneiro ás 17:00 no multiusos Fontes do Sar:

Haberá un servizo lanzadeira desde o carril bus da rúa do Hórreo (zona próxima á escalinata da estación de ferrocarril) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 16:00.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 16:05, 16:25 e 16:45. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa do Hórreo (Parlamento de Galicia).