tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por obras na avda. do Camiño Francés (luns 19 e martes 20 de marzo, 14:30-20:00)

16/03/18

O luns 19 e o martes 20 de marzo, de 14:30 a 20:00, as liñas C2, C4 e C11 terán desvíos puntuais:

Con motivo de obras de reasfaltado no entorno da rotonda situada na avda. do Camiño Francés coa rúa Monte dos Postes, as liñas realizarán os desvíos seguintes:

LUNS 19 e MARTES 20, de 14:30 a 16:30 cada un dos días:

*Liña C2: no momento en que estea cortado o carril de acceso á rotonda (sentido de Rodríguez de Viguri a Camiño Francés), a liña continuará o percorrido polo túnel, quedando suprimida a parada 153, na marquesiña antes da rotonda. A parada alternativa máis próxima é a 152, na avda. do Camiño Francés cruce con Valiño, despois do túnel.

LUNS 19 e MARTES 20, de 16:30 a 20:00 cada un dos días:

*Liña C4: no momento en que estea cortado o carril de acceso á rotonda (sentido de San Lázaro a Camiño Francés), a liña continuará o percorrido polo túnel, quedando suprimida a parada 150, na marquesiña situada fronte á entrada principal do centro comercial. A parada alternativa máis próxima é a 151, a parada anterior, no cruce con Pena María e París.

*Liña C11: no momento en que estea cortado o carril de acceso á rotonda (sentido de San Lázaro a Camiño Francés), a liña continuará o percorrido polo túnel, quedando suprimida a parada 150, na marquesiña situada fronte á entrada principal do centro comercial. Os autobuses cambiarán o sentido na rotonda do Camiño Francés con Rodríguez de Viguri, e accederán a Monte dos Postes pola rotonda, facendo como parada alternativa a 153 (na marquesiña antes da rotonda). Nesta parada regularán horario para unha nova saída de ser o caso.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.