tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Horarios de verán 2017 no transporte urbano

29/06/17

O sábado 1 de xullo entran en vigor, como cada ano, os horarios de verán no servizo de transporte urbano.

Non se realizarán modificacións substanciais con respecto á pasada tempada de verán. Poden coñecer toda a información na nosa páxina web www.tussa.org. Ademais, editaranse folletos informativos que estarán a disposición de usuarias e usuarios nos propios autobuses a partir de mañá venres 30 de xuño.

Lembramos que contan coa aplicación móbil maisbus, así como có teléfono de información do transporte urbano, 901120054, os 365 días do ano no horario de funcionamento do servizo, no que lles poderán informar de horarios, rutas e tempo estimado de espera nunha parada determinada. Consulten calquera dúbida nos nosos perfís de twitter e facebook.