tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Horarios de verán 2016 no transporte urbano

29/06/16

O vindeiro 1 de xullo entran en vigor, como cada ano, os horarios de verán no servizo de transporte urbano.

No tocante a esta tempada, e unha vez estabilizada a actual rede de transporte, non se realizarán modificacións con respecto ao pasado verán, agás as propias da afectación por obras en distintas zonas da cidade.

Así mesmo, coincidindo co comezo dos horarios de verán, iníciase o proceso de recuperación de espazo público na rúa de San Pedro, o que implicará que unicamente a liña C11 (Circular de Fontiñas) circulará ao longo da rúa de San Pedro. A liña 13 (Xeneral Pardiñas – Belvís) accederá á zona de Belvís – Quiroga Palacios pola rúa da Ameixaga. O resto das liñas que con anterioridade pasaban pola rúa de San Pedro: liña 6 (Os Tilos – San Marcos); liña 9 (Casas Novas – Viso – Cidade da Cultura); liña C6 (Polígono Costa Vella – Amio – Paxonal – Hórreo – Amio – Costa Vella) e liña P4 (Praza de Galicia – Sionlla) desenvolverán o seu percorrido a través das rúas Basquiños, Pastoriza, praza de Camilo Díaz Valiño, avda. Rodríguez Viguri e percorrido habitual. Habilítanse dúas novas paradas na avda. Rodríguez de Viguri: unha no lateral da estación de autobuses e outra na confluencia coa rúa Concheiros, nas que pararán as liñas 6, 9, 13 e C6.


No enlace adxunto poden consultar o folleto de horarios de verán 2016. Ademais, editaranse folletos informativos que estarán a disposición de usuarias e usuarios nos propios autobuses. Lembramos que contan coa nova aplicación de maisbus, así como có teléfono 901120054 os 365 días do ano no horario de funcionamento do servizo, no que lles poderán informar de horarios, rutas e tempo estimado de espera nunha parada determinada. Consulte calquera dúbida nos nosos perfís de twitter e facebook.