tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Servizos de reforzo no transporte urbano o sábado 1 de novembro de 2014

29/10/14

Este sábado día 1 de novembro, festividade de Todos os Santos, o servizo de transporte urbano verase reforzado nas seguintes liñas:

*Liña 1: contará cunha frecuencia de paso de 16 minutos entre as 9:00 e as 20:00 (horario de apertura do cemiterio de Boisaca). O resto do día a frecuencia será a dun día festivo (cada 30 minutos).

*Liña C11: reforzo en horario de mañá, con pasos cada 15-20 minutos entre as 10:00 e as 15:30, e cada 20 minutos desde as 15:30.

*Liñas 6, 7, C5, C6, P1, P2 e P3: funcionarán como un sábado laborable ata as 15:00. A partir das 15:00 terán o horario habitual de festivos. 

As restantes liñas do transporte urbano terán horario de día festivo ao longo de todo o día.