tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Perfil de Contratante

TUSSA é unha sociedade mercantil que forma parte do sector público do Concello de Santiago, ten a consideración de poder adxudicador que non reúne a condición de Administración Pública os seus contratos teñen o carácter de privados, aos efectos do establecido na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP)

Os contratos de TUSSA réxense polas normas do Título I do LIBRO TERCEIRO da Lei de Contratos do Sector Público.

A información das licitacións iniciadas por TUSSA están aloxadas nos seguintes enlaces:

Contratacións posteriores ao 9 de marzo de 2018

https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&D=800&N=335&OR=335

Contratacións anteriores ao 9 de marzo de 2018




Subministración de 10 postes electrónicos de información en parada ao usuario do transporte urbano

Data de publicación en web: 22/08/2011

O Consello de Administración da Sociedade, reunido o 2/08/2011, acordou a ADXUDICACIÓN do contrato de referencia á empresa SOCIEDAD IBÉRICA DE CONSTRUCCIONES ELÉCTRICAS, SA (SICE) por un importe de 45.019,47€.

O contrato coa empresa adxudicataria formalizouse o 10 de agosto de 2011.

Estado do procedemento: Adxudicados


Subministración de 10 postes electrónicos de información en parada ao usuario do transporte urbano

Data de publicación en web: 02/08/2011

O Consello de Administración da Sociedade, reunido o 2 de agosto de 2011, acordou a ADXUDICACIÓN do contrato de referencia á empresa SOCIEDAD IBÉRICA DE CONSTRUCCIONES ELÉCTRICAS, SA (SICE), por un importe de 45.019,47 €.

A formalización do contrato efectuarase dentro dos quince días hábiles seguintes a aquel no que se reciba a notificación da adxudicación.

Unha vez formalizado o contrato actualizarase neste perfil de contratante a data concreta na que se levou a cabo o citado trámite.

Estado do procedemento: Adxudicados


Concurso para a contratación do servizo de limpeza da estación de autobuses de Santiago. APERTURA DO SOBRE Nº 3

Data de publicación en web: 16/06/2011

CONVOCATORIA PARA OS LICITADORES: CONVOCATORIA PARA A APERTURA DO SOBRE Nº 3

Convócase ás empresas que presentaron as súas ofertas á apertura do sobre nº 3, que terá lugar o próximo luns día 20 de xuño ás 13.15 horas no Concello (en Raxoi, na praza do Obradoiro)

Estado do procedemento: En tramitación