tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Perfil de Contratante

TUSSA é unha sociedade mercantil que forma parte do sector público do Concello de Santiago, ten a consideración de poder adxudicador que non reúne a condición de Administración Pública os seus contratos teñen o carácter de privados, aos efectos do establecido na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP)

Os contratos de TUSSA réxense polas normas do Título I do LIBRO TERCEIRO da Lei de Contratos do Sector Público.

A información das licitacións iniciadas por TUSSA están aloxadas nos seguintes enlaces:

Contratacións posteriores ao 9 de marzo de 2018

https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&D=800&N=335&OR=335

Contratacións anteriores ao 9 de marzo de 2018




Servizo de limpeza da estación de autobuses de Santiago. Formalización do contrato

Data de publicación en web: 13/09/2011

O Consello de Administración da Sociedade, reunido o 9/09/2011, acordou a ADXUDICACIÓN do contrato de referencia á empresa LIMPIEZAS DEL NOROESTE, SA por importe de 177.554,88 € para os dous anos de contrato.

O contrato coa empresa adxudicataria formalizouse o 12 de setembro de 2011

Estado do procedemento: Adxudicados


Servizo de limpeza da estación de autobuses de Santiago

Data de publicación en web: 09/09/2011

O Consello de Administración da Sociedade, reunido o 9 de setembro de 2011, acordou a ADXUDICACIÓN do contrato de referencia á empresa LIMPIEZAS DEL NOROESTE, SA, por un importe de 177.554,88 € para os dous anos de contrato.

A formalización do contrato efectuarase dentro dos quince días hábiles seguintes a aquel no que se reciba a notificación da adxudicación.

Unha vez formalizado o contrato, actualizarase neste perfil de contratante a data concreta na que se levou a cabo o citado trámite.

Estado do procedemento: Adxudicados


Servizo de seguridade da estación de autobuses de Santiago

Data de publicación en web: 07/09/2011

O Consello de Administración da Sociedade, reunido o 5 de setembro de 2011, acordou a ADXUDICACIÓN do contrato de referencia á empresa SERRAMAR VIGILANCIA Y SEGURIDAD, SL, por un importe de 85.990 € para os dous anos de contrato.

A formalización do contrato efectuarase dentro dos quince días hábiles seguintes a aquel no que se reciba a notificación da adxudicación.

Unha vez formalizado o contrato, actualizarase neste perfil de contratante a data concreta na que se levou a cabo o citado trámite.

Estado do procedemento: Adxudicados