tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Perfil de Contratante

TUSSA é unha sociedade mercantil que forma parte do sector público do Concello de Santiago, ten a consideración de poder adxudicador que non reúne a condición de Administración Pública os seus contratos teñen o carácter de privados, aos efectos do establecido na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP)

Os contratos de TUSSA réxense polas normas do Título I do LIBRO TERCEIRO da Lei de Contratos do Sector Público.

A información das licitacións iniciadas por TUSSA están aloxadas nos seguintes enlaces:

Contratacións posteriores ao 9 de marzo de 2018

https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&D=800&N=335&OR=335

Contratacións anteriores ao 9 de marzo de 2018




Concurso para a contratación do servizo de limpeza da estación de autobuses de Santiago

Data de publicación en web: 22/08/2013

O obxecto do contrato é a realización do servizo de limpeza da estación de autobuses de Santiago e oficina do aparcadoiro Xoán XXIII

Estado do procedemento: En prazo de presentación

Tipo de contrato: Licitación pública por procedemento aberto, con distintos criterios de valoración

Prezo licitación: Orzamento máximo de licitación: 160.000 euros (máis o IVE)

Prazo execución: DOUS ANOS (2 anos)

Prazo de presentación de documentación: QUINCE DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no DOG.


Concurso para a contratación do servizo de seguridade da estación de autobuses de Santiago

Data de publicación en web: 22/08/2013

O obxecto do contrato é a realización do servizo de seguridade da estación de autobuses de Santiago.

Estado do procedemento: En prazo de presentación

Tipo de contrato: Licitación pública por procedemento aberto

Prezo licitación: Orzamento máximo de licitación:94.000 euros (máis o IVE)

Prazo execución: DOUS ANOS (2 anos)

Prazo de presentación de documentación: QUINCE DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no DOG.


Servizo de seguridade da estación de autobuses de Santiago. Formalización do contrato

Data de publicación en web: 16/09/2011

O Consello de Administración da Sociedade, reunido o 5/09/2011, acordou a ADXUDICACIÓN do contrato de referencia á empresa SERRAMAR VIGILANCIA Y SEGURIDAD, SA por importe de 85.990 € para os dous anos de contrato.

O contrato coa empresa adxudicataria formalizouse o 16 de setembro de 2011.

Estado do procedemento: Adxudicados