tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Perfil de Contratante

TUSSA é unha sociedade mercantil que forma parte do sector público do Concello de Santiago, ten a consideración de poder adxudicador que non reúne a condición de Administración Pública os seus contratos teñen o carácter de privados, aos efectos do establecido na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP)

Os contratos de TUSSA réxense polas normas do Título I do LIBRO TERCEIRO da Lei de Contratos do Sector Público.

A información das licitacións iniciadas por TUSSA están aloxadas nos seguintes enlaces:

Contratacións posteriores ao 9 de marzo de 2018

https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&D=800&N=335&OR=335

Contratacións anteriores ao 9 de marzo de 2018




Concurso para a contratación do servizo de limpeza da estación de autobuses de Santiago (DECLARADO DESERTO)

Data de publicación en web: 07/03/2016

O obxecto do contrato é a realización do servizo de limpeza da estación de autobuses de Santiago de Compostela, así como as oficinas do aparcadoiro vixiado Xoán XXIII.

Estado do procedemento: Suspendidos

Tipo de contrato: Licitación pública por procedemento aberto

Prezo licitación: ORZAMENTO MÁXIMO DE LICITACIÓN: 170.000 euros (máis o IVE)

Prazo execución: DOUS ANOS (2 anos)

Prazo de presentación de documentación: QUINCE DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no DOG.


Contratación da subministración e mantemento dun equipo multifunción. APERTURA DO SOBRE Nº 2

Data de publicación en web: 18/02/2016

CONVOCATORIA PARA OS LICITADORES: APERTURA DO SOBRE Nº 2

Convócase ás empresas que presentaron as súas ofertas á apertura do sobre nº 2, que terá lugar o próximo martes 23 de febreiro ás 14.00 horas no Concello (en Raxoi, praza do Obradoiro) 

Estado do procedemento: En tramitación


Contratación do servizo de seguridade da estación de autobuses. APERTURA DO SOBRE Nº 2

Data de publicación en web: 18/02/2016

CONVOCATORIA PARA OS LICITADORES: APERTURA DO SOBRE Nº 2

Convócase as empresas que presentaron as súas ofertas á apertura do sobre nº 2, que terá lugar o próximo martes día 23 de febreiro ás 14.15 horas no Concello (en Raxoi, praza do Obradoiro). 

Estado do procedemento: En tramitación