tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Perfil de Contratante

TUSSA é unha sociedade mercantil que forma parte do sector público do Concello de Santiago, ten a consideración de poder adxudicador que non reúne a condición de Administración Pública os seus contratos teñen o carácter de privados, aos efectos do establecido na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP)

Os contratos de TUSSA réxense polas normas do Título I do LIBRO TERCEIRO da Lei de Contratos do Sector Público.

A información das licitacións iniciadas por TUSSA están aloxadas nos seguintes enlaces:

Contratacións posteriores ao 9 de marzo de 2018

https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&D=800&N=335&OR=335

Contratacións anteriores ao 9 de marzo de 2018




Servizo de cafetería da estación de autobuses de Santiago (Expte. 2016/CA/outubro)

Data de publicación en web: 09/11/2016

O obxecto do contrato é a explotación da cafetería da estación de autobuses, situada na Avda. Rodríguez de Viguri, s/n.

Os criterios de adxudicación son os sinalados na cláusula 10.3 do prego de cláusulas administrativas. 

Estado do procedemento: Adxudicados

Tipo de contrato: Procedemento aberto

Prazo execución: DOUS ANOS; o contrato poderá prorrogarse por acordo expreso do órgano de contratación por períodos máximos de tres meses, se ben a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non excederá de catro anos.

Prazo de presentación de documentación: TRINTA DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.


Servizo de limpeza da estación de autobuses de Santiago (PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE)

Data de publicación en web: 04/11/2016

O obxecto do contrato é a realización do servizo de limpeza da estación de autobuses de Santiago, así como das oficinas do aparcadoiro vixiado Xoán XXIII.

Estado do procedemento: Adxudicados

Tipo de contrato: Procedemento negociado sen publicidade

Prazo de presentación de documentación: Ata as 14.00 horas do día 14 DE NOVEMBRO DE 2016


CORRECCIÓN DE ERROS. Concurso para a contratación do servizo de limpeza da estación de autobuses (DECLARADO DESERTO)

Data de publicación en web: 14/03/2016

CORRECCIÓN DE ERROS (Resolución do Consello de Administración de 11/03/2016)

Advertido erro no prego de condicións administrativas particulares e prescricións técnicas publicado o 7 de marzo de 2016 , cómpre facer a seguinte corrección:

Corrección do cadro de persoal a subrogar, que aparece recollido no artigo 21.3 do prego administrativo e no artigo 6 do anexo IV de prescricións técnicas.

Na segunda liña do cadro de persoal, onde di “limpador/a”, debe dicir “especialista”.

O prego de condicións que se achega en “documentación” está actualizado con esta corrección.

Estado do procedemento: Suspendidos

Prazo de presentación de documentación: O prazo de quince días naturais previsto no anuncio de licitación comezará a computar desde o día seguinte ao da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.