Existen diferentes tarifas para os autobuses urbanos, dependendo do tipo de billete utilizado. A continuación podes ver o prezo de cada un deles.
Tipo de billete | Prezo |
Billete ordinario | 1,00 €/viaxe |
Billete escolar (<18 anos) | 0,55 €/viaxe |
Bono ordinario | 0,60 €/viaxe (0,30 €/viaxe ata o 31/12/2024) |
Bono escolar (<18 anos) | 0,40 €/viaxe (0,20 €/viaxe ata o 31/12/2024) |
Bono mensual | 26 € (13,00 € ata o 31/12/2024) |
Bono pensionista | 0 € |
As recargas dispoñibles para os bonos ordinario e escolar son de 10, 20 e 30 viaxes. Estes dous bonos inclúen o transbordo gratuíto nun prazo de 60 minutos e entre dúas liñas distintas do transporte urbano. O bono mensual, pola súa banda, permite facer viaxes ilimitadas durante 30 días naturais a partir do día da súa primeira cancelación.
Tanto os billetes coma os bonos poden adquirirse nos propios autobuses. No caso do bono, ademais de pagar o importe correspondente á recarga de viaxes, é preciso pagar unha fianza de 3 euros que se reembolsará ao devolver a tarxeta sempre e cando estea en bo estado de uso e conservación.
O billete escolar só é válido para menores de 18 anos. Terán acceso gratuíto os nenos ata 4 anos (de 0 a 3 anos, ambos incluídos) sempre que viaxen acompañados dunha persoa maior en posesión do seu título de viaxe correspondente.
Lémbrase tamén a eliminación da tarifa concesional dos tramos do termo municipal de Santiago de Compostela incluídos na explotación do transporte urbano (Santa Lucía, Son, Figueiras e Vilamaior).
Para calquera dúbida ou problema, podes chamar ao teléfono de información do transporte urbano
981 58 18 15 / 901 12 00 54.