tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


A empresa

Tussa

TUSSA é a sociedade municipal creada en 1999 polo Concello de Santiago para a xestión do transporte urbano.

Entre os obxectivos destacan a instrumentación das políticas de transporte público urbano de viaxeiros no Concello e de coordinación con outros sistemas de transporte que sirvan ás necesidades da cidade.

Na actualidade a sociedade ten encomendada a xestión do contrato do transporte urbano e a xestión dos aparcadoiros de Belvís, Xoán XXIII e o de borde de Salgueiriños.

Ademais xestiona a estación de autobuses da cidade, a área de libre estacionamento de Santa Marta e a dársena de autocares de Xoán XXIII.

TUSSA é medio propio e servizo técnico do Concello de Santiago, nos termos contemplados no art. 24.6 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 2 de novembro, para calquera encomenda que lle poida conferir o Concello, nas materias comprendidas no seu obxecto social.