tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña P2 por corte de tráfico na zona de Laraño (a partir do luns 3 de febreiro ás 9:00)

30/01/25

O luns 3 de febreiro a partir das 9:00 e cunha duración aproximada de dous meses, cortarase ao tráfico a zona de Laraño. A liña P2 realizará o seguinte desvío:

Desviarase nos dous sentidos de circulación. Desde a rotonda de Vidán irá por AC-543 (estrada de Noia), rúa da Xunlla (Paredes de Laraño), Larañiño, Reibó e retomará o seu itinerario habitual en Casal.
Quedarán suprimidas as seguintes paradas (nos dous sentidos de circulación): rúa da Ponte Vella (paradas 477 e 478), Amañecida (paradas 38 e 39) e Laraño, igrexa (paradas 291 e 292).

A liña realizará as seguintes paradas alternativas no desvío: Paredes de Laraño (marquesiña azul), Larañiño (marquesiña verde), Reibó (marquesiña verde) e cruce de Casal, antes de retomar o itinerario habitual.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.