tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

NOVAS

Apertura do prazo para aboar a taxa anual das tarxetas de municipio (identificadas con "L")

13/01/25

A Concellería de Mobilidade lembra que dende o mércores 15 de xaneiro e ata o venres 14 de febreiro, permanecerá aberto o prazo para aboar a taxa anual correspondente ás tarxetas de aparcamento da modalidade de Municipio ("L")

O pago da taxa efectuarase nas oficinas de TUSSA, na Estación Intermodal (rúa Clara Campoamor) de luns a venres en horario de 9.00 h a 14.00 h e de 16.30 h a 20.30 h. A persoa interesada deberá acreditar a titularidade da tarxeta con D.N.I., tarxeta de residencia ou pasaporte. No suposto de actuar por representación, deberá acreditarse a mesma, aportando fotocopia de identificación do representante e autorización asinada polo representado.
Todas aquelas tarxetas que non sexan abonadas en prazo, serán dadas de baixa automáticamente.

A tarxeta de municipio ten un custe anual de 50 euros, e pódea solicitar calquera persoa empadroada en Compostela, sempre que sexa dona do vehículo segundo o permiso de circulación, e pague o imposto de circulación no Concello de Santiago. As tarxetas están identificadas con "L" e permite aparcar en todas as zonas verdes da cidade, é dicir, as habilitadas para residentes, en horario de 7 h a 21h. No caso das zonas azuis (ORA), o prezo para os que posúan a tarxeta verase reducido á metade.