tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos no transporte urbano por peche ao tráfico da rúa do Pombal en sentido de subida (mércores 14 e xoves 15/2, a partir das 8:00 do mércores)

09/02/24

Debido ao peche ao tráfico en sentido de subida da rúa do Pombal, as liñas indicadas de seguido realizarán un percorrido alternativo, o mércores 14 e xoves 15 de febreiro, a partir das 8:00 do mércores.

*Desvíos:
-Liña 4, traxecto Romaño – As Cancelas.

-Liña 9, traxecto Casas Novas – Cidade da Cultura.

-Liña C4, circulando desde Galeras a hospitais.

-Liña P1, traxecto Folgoso – San Caetano.

-Liña P7, traxectos desde Grixoa, Peregrina e Pardaces a Porta do Camiño e San Caetano.

Ao ter cortada tamén a avda. da Coruña, estas liñas nos traxectos indicados desviaranse por Poza de Bar, estrada de San Lourenzo, acceso ao Campus Sur por José María Suárez Núñez, Vicente Fraíz Andón, Lope Gómez de Marzoa, avda. Mestre Mateo e Rosalía de Castro.

*Paradas suprimidas:

Quedará suprimida a parada 553, San Clemente (Alameda, en sentido a Senra) para todas esas liñas, e a maiores, as paradas 113, Xoán Carlos I (igrexa do Pilar) e 451, Rosalía de Castro nº 96 para a liña C4.

*Paradas alternativas no desvío:

As liñas 4, 9, P1 e P7 realizarán como parada alternativa: 112, avda. Xoán Carlos I, sentido Senra

A liña C4 retomará o itinerario habitual na parada 448, Rosalía de Castro nº 126.


Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.