tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 8 por corte de tráfico na avda. da Coruña (a partir das 9:30 do luns 15/1/2024 de xeito indefinido)

11/01/24

Con motivo das obras que se levan a cabo no entorno do campus e na avda. da Coruña, a liña 8 en sentido Camiño dos Vilares realizará o seguinte desvío:

A partir das 9:30 do luns 15 de xaneiro:
*Saídas de tanatorio de Boisaca / Camiño dos Vilares: non se alteran.

*Saídas de Vidán: os autobuses realizarán percorrido habitual pola estrada de San Lourenzo e Campo de San Domingos ata o cruce coa rúa José María Suárez Núñez, onde realizarán a parada habitual e desviaranse pola citada rúa, rúa Vicente Fraíz Andón (facultade de Psicoloxía), rúa Lope Gómez de Marzoa, avda. Mestre Mateo, Rosalía de Castro e retomarán o seu itinerario na avda. Xoán Carlos I.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (565) San Lourenzo, carballeira; (79) avda. das Burgas, instituto Xelmírez; (78) avda. da Coruña, cruce Feáns.

Os usuarios da parada 565 na carballeira terán como parada alternativa máis próxima a anterior parada da liña, no cruce coa rúa José María Suárez Núñez. Para as outras dúas paradas anuladas (avdas. Burgas e Coruña), a alternativa máis próxima é na avda. Xoán Carlos I, fronte á igrexa do Pilar.


Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.