tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos con motivo da carreira CorreSan ruta dos parques (sábado 18/2 entre as 16:45 e as 18:00)

15/02/23

O sábado 18 de febreiro, con motivo da carreira CorreSan que terá lugar, cortaranse ao tráfico as rúas Ponte de Sar e Diego Bernal entre as 16:45 e as 18:00, afectando a servizos das liñas 7 e C5:

*Liña 7:

-Servizos con saída de Aríns ás 16:30 e 17:30: despois de Cruceiro de Sar, o autobús desviarase por Picaños, Santasmariñas, rúa da Estrada, Paxonal, Clara Campoamor e avda. de Lugo, retomando o seu itinerario habitual na rúa do Hórreo.

Neste sentido de circulación, quedarán suprimidas as paradas:

(523) Cruceiro de Sar, cruce Picaños (parada alternativa despois do cruce, en Picaños nº 8)

(386) Ponte de Sar nº 55

(388) Ponte de Sar nº 41

(195) Colexiata de Sar

(515) Sar de Afora nº 18

(227) Curros Enríquez nº 25

(226) Curros Enríquez

-Servizo con saída de Valle Inclán ás 17:00: despois da rúa do Hórreo desviarase por Galuresa, Amor Ruibal, Restollal, cambio de sentido na rotonda de Castiñeiriño, rúa da Estrada, Santasmariñas e Picaños, retomando o seu itinerario habitual en Cruceiro de Sar.

Neste sentido de circulación, quedarán suprimidas as paradas:

(462) Curros Enríquez, cruce Castrón Douro

(516) Sar de Afora nº 90

(194) Colexiata de Sar

(387) Ponte de Sar nº 22

(389) Ponte de Sar nº 46

*Liña C5:

O servizo da liña con saída de Costa Vella ás 16:30 e paso aproximado pola rúa da Rosa ás 17:00 chegará ata a parada de Castiñeiriño nº 1 (cruce coa rúa da Estrada), desde onde se desviará por Paxonal (sentido de baixada), Clara Campoamor, avda. de Lugo, rúa Londres, Fontes do Sar e chegará ata o multiusos, parada desde a cal cambiará o sentido e continuará o seu itinerario habitual.

Quedarán suprimidas as paradas:

(465) rúa da Estrada, fr. nº 74

(464) rúa da Estrada, fr. nº 28

(588) Santasmariñas nº 49

(374) Picaños nº 55

(376) Picaños nº 7

(386) Ponte de Sar nº 55

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.