tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS ESPECIAIS

Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos Fontes do Sar (sábado 19/11/2022)

16/11/22

Consulten os servizos de transporte para asistir ao partido do Monbus Obradoiro o sábado 19 de novembro ás 18:00 no multiusos Fontes do Sar:

Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 17:00.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 17:05, 17:15, 17:30 e 17:45. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.