tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Noticias

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvíos por cortes de tráfico o xoves 23 de xuño

21/06/22

Con motivo das cacharelas da noite de San Xoán, cortaranse ao tráfico varias rúas na cidade, có que algunhas liñas do transporte urbano terán que desviarse nalgúns dos seus servizos:

*Corte nas rúas de Sar e Ponte de Sar, afectando á liña 7.

Desde as 15:00 do día 23 ata as 4:00 do venres 24, pecharase ao tráfico a rúa de Sar desde o nº 74 ata a rúa Ponte de Sar, cruce con Diego Bernal.

Os servizos da liña 7 a partir desa hora desviaranse por Diego Bernal, multiusos, Fontiñas e avda. de Lugo, retomando o seu itinerario na rúa Curros Enríquez.

Quedarán suprimidas as paradas: 

-Sentido Aríns e Fornás: 462, Curros Enríquez, cruce Castrón Douro; 516, Sar de Afora nº 90; 194, Colexiata de Sar; 387, Ponte de Sar nº 22.

-Sentido Valle Inclán: 388, Ponte de Sar nº 41; 195, Colexiata de Sar; 515, Sar de Afora nº 18; 227, Curros Enríquez nº 25.

*Corte en Conxo, nas rúas Sánchez Freire e Campo de Conxo, afectando ás liñas 5, C2 e C4.

Estas rúas estarán cortadas a partir das 20:00 do xoves 23.

Debido a este corte, as liñas 5, C2 e C4 realizarán os seguintes desvíos:

-Liña 5 sentido Rocha: despois de García Prieto, desviaranse pola avda. de Ferrol, SC-20 ata a rotonda de Volta do Castro, continuando o percorrido habitual por Poza Real de Abaixo (Sta. Apolonia).
Paradas suprimidas: (575) Sánchez Freire; (155) Campo de Conxo, psiquiátrico; (127) Benéfica de Conxo, Televés; (626) Torrente, cruce Travesa Benéfica; (628) Torrente nº 28.


-Liña 5 sentido Vite: realizarán o percorrido habitual ata a rotonda de Televés, onde realizarán cambio de sentido voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, SC-20, e itinerario habitual pola avda. de Ferrol.
Parada suprimida: (412) Campo de Conxo, psiquiátrico.


-Liña C2: despois de García Prieto, desviarase pola avda. de Ferrol ata a rotonda de Conxo e accederá ao hospital Provincial. Á saída do hospital, terá que ir pola SC-20 ata a rotonda de Volta do Castro, continuando por Torrente, Benéfica, cambio de sentido na rotonda de Televés e retomando o itinerario habitual na rúa dos Roláns.
Paradas suprimidas: (575) Sánchez Freire; (155) Campo de Conxo, psiquiátrico.


-Liña C4: realizarán o percorrido habitual ata a rotonda de Televés, onde farán o cambio de sentido voltando por Torrente, rotonda de Volta do Castro, SC-20, e itinerario habitual por Ramón Baltar cara o hospital Provincial.
Parada suprimida: (412) Campo de Conxo, psiquiátrico.



Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.