tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña P2 por corte de tráfico na Amañecida (sábado 7 de maio entre as 8:00 e as 12:00)

06/05/22

O sábado 7 de maio entre as 8:00 e as 12:00 (hora aproximada de reapertura en función da evolución dos traballos na zona), cortarase ao tráfico a zona da Amañecida e a liña P2 realizará o seguinte desvío:

Desviarase nos dous sentidos de circulación. Desde a rotonda de Vidán irá por AC-543 (estrada de Noia), rúa da Xunlla, Reibó e retomará o seu itinerario en Casal.
Quedarán suprimidas as seguintes paradas (nos dous sentidos de circulación):


rúa da Ponte Vella (paradas 477 e 478), Amañecida (paradas 38 e 39) e Laraño, igrexa (paradas 291 e 292).


A liña realizará as seguintes paradas alternativas no desvío:


Paredes de Laraño (marquesiña azul), Larañiño (marquesiña verde), Reibó (marquesiña verde) e cruce de Casal, antes de retomar o itinerario habitual.


Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.