tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña P1 por corte de tráfico en Carme de Abaixo (mércores 16 e xoves 17/2, entre as 9:30 e as 20:00 cada un dos días)

14/02/22

Por corte de tráfico no Carme de Abaixo, a liña P1 realizará os desvíos que se indican.

*Pza. Camilo D. Baliño - Folgoso:
Despois da rúa do Pombal desviarase por Galeras, costa de Casas Novas e Monte Pío, para incorporarse ao seu itinerario habitual no cruce entre Monte Pío e Carme de Abaixo.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (224) Cruceiro de Gaio e (164) Carme de Abaixo 2. As paradas alternativas máis próximas serán a parada 265, Galeras nº 16A e a parada habitual 162, Carme de Abaixo no cruce con Monte Pío.




*Folgoso – pza. Camilo D. Baliño:
Realizará o seu itinerario habitual ata o cruce con Monte Pío, desviándose por esta rúa, costa de Casas Novas e Galeras, desde onde continuará por Poza de Bar facendo o desvío actual por corte na rúa do Pombal de subida.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (163) Carme de Abaixo 1 e (225) Cruceiro de Gaio, sent. centro. As paradas alternativas máis próximas serán a parada do cruce entre Carme de Abaixo e Monte Pío e a parada 267, Galeras nº 5.



Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.