tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas C5 e C6 por corte de tráfico na rúa de Eslovenia, pol. Costa Vella (a partir do venres 19/11/2021)

19/11/21

Con motivo das obras que teñen lugar no polígono de Costa Vella, as liñas C5 e C6 desviaranse desde o venres 19 ata o luns 22 de novembro:

*As liñas C5 e C6, despois da parada de Castela e León (Mercadona), cambiarán de sentido e voltarán por Castela e León, rúa de Polonia e retomarán o percorrido habitual nesta rúa, realizando a espera de regulación na parada do recinto feiral de Amio.

Queda suprimida temporalmente a parada 212, rúa de Eslovenia (Decathlon).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.