tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS ESPECIAIS

Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos Fontes do Sar (domingo 23/1/2022)

17/01/22

Consulten os servizos de transporte para asitir ao partido de Monbus Obradoiro o domingo 23 de xaneiro ás 20:00 no multiusos Fontes do Sar.

Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 18:30. O servizo comeza unha hora e media antes debido ás medidas COVID establecidas para a entrada ao recinto.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 18:45, 19:05, 19:25 e 19:45. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, Praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.