tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

SERVIZOS ESPECIAIS

Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos Fontes do Sar (sábado 02/10/2021)

01/10/21

Consulten os servizos de transporte para asitir ao partido de Monbus Obradoiro o sábado 2 de outubro ás 18:00 no multiusos Fontes do Sar.

Haberá un servizo lanzadeira, desde a rúa da Rosa (modifícase temporalmente a ubicación da parada debido ás obras na rúa do Hórreo) ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 16:30.

A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 17:05, 17:15, 17:30 e 17:45. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, Praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.