tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DE INTERESE SOBRE O TRANSPORTE URBANO

Horarios de inverno 2021-2022 no transporte urbano

03/09/21
A partir do luns día 6 de setembro, ponse en marcha a tempada de inverno nos horarios do servizo de transporte urbano da cidade.
As modificacións realizadas e a ter en conta sobre a rede de transporte urbano, non afectan ás relacións de mobilidade establecidas, senón por unha parte, a adecuación dos tempos de percorrido, unha vez postas en marcha as novas limitacións de velocidade na malla urbana, e por outra, o reforzo da liña 6 para garantir ao máximo posible o servizo.

Na web de TUSSA poden consultar o folleto de horarios e coñecer todos os cambios. Nos vindeiros días facilitarase a modificación de horarios no folleto impreso habitual, e realizarase a sustitución da cartelería nas paradas da cidade.

Poden consultar calquera dúbida no teléfono de información do transporte urbano, 981581815.


Documentación