tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 8 sentido Vidán (entre as 8:30 e as 10:00 do sábado 4/9/2021)

01/09/21

Debido a un corte de tráfico en Poza de Bar e San Lourenzo entre as 8:30 e as 10:00 do sábado 4 de setembro, os traxectos da liña 8 con destino Vidán desviaranse despois da rúa da Senra:

*Despois da Senra, desviarase por Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, avda. Mestre Mateo e retomará o seu itinerario habitual na avda. Mestra Victoria Míguez.

Quedarán suprimidas as paradas de San Clemente (IES Rosalía de Castro), Poza de Bar e San Lourenzo.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.