tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío na liña 15 por cortes de tráfico no campus (a partir das 20:00 do martes 22, mércores 23 e das 21:30 do mércores 30 de xuño)

21/06/21

Con motivo de cortes de tráfico que terán lugar no entorno do Auditorio da Universidade do campus sur, a liña 15 realizará o desvío indicado:

*O desvío realizarase en todos os servizos da liña 15 a partir das 20:00 do martes 22, mércores 23 e das 21:30 do mércores 30 de xuño.

*Acceso habitual ao campus pola rúa Jenaro de la Fuente, xirando á esquerda por Lope Gómez de Marzoa, Vicente Fraiz Andón, e facendo cambio de sentido na confluencia entre José María Suárez Núñez e a estrada de San Lourenzo, para voltar polo seu percorrido e paradas habituais a partir da facultade de Psicoloxía, na parada de Vicente Fraiz Andón.

*Quedarán suprimidas as paradas:

-96, Lope Gómez de Marzoa (Relacións laborais).

-80, avda. das Ciencias (campo de hockey).

-285, José María Suárez Núñez (Física).

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.