tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

REFORZOS NO TRANSPORTE URBANO

Servizos de reforzo no transporte urbano o domingo 31 de outubro e o luns 1 de novembro de 2021

28/10/21
Verase reforzada a liña 1 os días 31 e 1, e a liña C11 o domingo 31:

*Con motivo da festividade de Todos os Santos, a liña 1 contará cunha frecuencia de paso de 16 minutos entre as 9:00 e as 20:00 tanto o domingo 31 como o luns 1. Nos restantes horarios do día, a frecuencia será a habitual de domingos e festivos os dous días.

*O domingo 31 de outubro, a liña C11 verase reforzada en horario de mañá con pasos cada 15 -20 minutos entre as 10:00 e as 15:30.

As restantes liñas do transporte urbano terán eses días o horario habitual de domingos e festivos.