Anuncio da convocatoria para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación temporal de persoal do grupo operativo de TUSSA.
4 DE MAIO DE 2022
Publicación do LISTADO PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS
Facer clic no título da convocatoria e consultar listado no apartado de "documentación"
O Consello de Administración da Sociedade, en sesión celebrada 30 de marzo de 2022 aprobou as bases reguladoras para a creación dunha bolsa de traballo para a contratación temporal de persoal do grupo operativo da Sociedade (AXENTE DE APARCADOIRO, AXENTE DE ESTACIÓN, AXENTE DE DEPÓSITO, CONTROLADOR/A)
As bases que rexen a convocatoria pódense recoller en TUSSA, na rúa Clara Campoamor, s/n, CP 15702 Santiago de Compostela (na estación intermodal), de luns a venres laborables, entre as 9.00 e as 14.00 horas, ou pódense descargar directamente desta web.
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOGA.