tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Perfil de Contratante




Concurso para a contratación do subministro e mantemento dun equipo multifunción

Data de publicación en web: 18/01/2016

O obxecto do contrato é o subministro dun equipo multifunción, que inclúe a instalación, configuración, posta en funcionamento e o mantemento integral durante a vixencia do contrato.

Estado do procedemento: Adxudicados

Tipo de contrato: Licitación pública por procedemento aberto

Prazo execución: O contrato terá unha duración de CINCO ANOS, a contar desde o día que se estipule no contrato.

O equipo, xunto con calquera hardware e software ofertado, será subministrado e posto en explotación nun prazo máximo de 10 días hábiles a contar desde a data de formalización do contrato.

Prazo de presentación de documentación: QUINCE DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no DOG.


Concurso para a contratación do servizo de cafetería e restaurante ou cafetería da estación de autobuses de Santiago (Expte. Marzo/2014)

Data de publicación en web: 29/04/2014

Este procedemento foi declarado DESERTO por acordo do Consello de Administración da Sociedade de 25 de abril de 2014

Estado do procedemento: Suspendidos


Concurso para a contratación do servizo de cafetería e restaurante ou cafetería da estación de autobuses de Santiago (Expte. Marzo/2014)

Data de publicación en web: 24/03/2014

O obxecto do contrato é a realización do servizo de explotación e xestión do servizo de cafetería e restaurante ou cafetería da estación de autobuses de Santiago de Compostela, situada na avenida Rodríguez de Viguri.

Os criterios de adxudicación son os sinalados na cláusula 10.3 do prego de cláusulas administrativas.

Estado do procedemento: En prazo de presentación

Tipo de contrato: Licitación pública por procedemento aberto

Prazo execución: DEZ ANOS

Prazo de presentación de documentación: TRINTA DÍAS NATURAIS, a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no DOG.