tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Perfil de Contratante




CORRECCIÓN DE ERROS. Concurso para a contratación do servizo de limpeza da estación de autobuses (DECLARADO DESERTO)

Data de publicación en web: 14/03/2016

CORRECCIÓN DE ERROS (Resolución do Consello de Administración de 11/03/2016)

Advertido erro no prego de condicións administrativas particulares e prescricións técnicas publicado o 7 de marzo de 2016 , cómpre facer a seguinte corrección:

Corrección do cadro de persoal a subrogar, que aparece recollido no artigo 21.3 do prego administrativo e no artigo 6 do anexo IV de prescricións técnicas.

Na segunda liña do cadro de persoal, onde di “limpador/a”, debe dicir “especialista”.

O prego de condicións que se achega en “documentación” está actualizado con esta corrección.

Estado do procedemento: Suspendidos

Prazo de presentación de documentación: O prazo de quince días naturais previsto no anuncio de licitación comezará a computar desde o día seguinte ao da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.


Concurso para a contratación do servizo de limpeza da estación de autobuses de Santiago (DECLARADO DESERTO)

Data de publicación en web: 07/03/2016

O obxecto do contrato é a realización do servizo de limpeza da estación de autobuses de Santiago de Compostela, así como as oficinas do aparcadoiro vixiado Xoán XXIII.

Estado do procedemento: Suspendidos

Tipo de contrato: Licitación pública por procedemento aberto

Prezo licitación: ORZAMENTO MÁXIMO DE LICITACIÓN: 170.000 euros (máis o IVE)

Prazo execución: DOUS ANOS (2 anos)

Prazo de presentación de documentación: QUINCE DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no DOG.


Contratación da subministración e mantemento dun equipo multifunción. APERTURA DO SOBRE Nº 2

Data de publicación en web: 18/02/2016

CONVOCATORIA PARA OS LICITADORES: APERTURA DO SOBRE Nº 2

Convócase ás empresas que presentaron as súas ofertas á apertura do sobre nº 2, que terá lugar o próximo martes 23 de febreiro ás 14.00 horas no Concello (en Raxoi, praza do Obradoiro) 

Estado do procedemento: En tramitación