TUSSA é unha sociedade mercantil que forma parte do sector público do Concello de Santiago, ten a consideración de poder adxudicador que non reúne a condición de Administración Pública os seus contratos teñen o carácter de privados, aos efectos do establecido na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP)
Os contratos de TUSSA réxense polas normas do Título I do LIBRO TERCEIRO da Lei de Contratos do Sector Público.
A información das licitacións iniciadas por TUSSA están aloxadas nos seguintes enlaces:
Data de publicación en web: 06/04/2010
CONVOCATORIA PARA OS LICITADORES: CONVOCATORIA PARA A APERTURA DO SOBRE Nº 2
Convócase ás empresas que presentaron as súas ofertas á apertura do sobre nº 2, que terá lugar o próximo venres día 9 de abril ás 13.45 horas no Concello (en Raxoi).
Estado do procedemento: En tramitación
Data de publicación en web: 11/03/2010
O obxecto do contrato é a construción do aparcadoiro de borde de Santa Marta, en Santiago de Compostela.
Estado do procedemento: En prazo de presentación
Tipo de contrato: Licitación pública por PROCEDEMENTO ABERTO con distintos criterios de adxudicación, por TRAMITACIÓN URXENTE. Os criterios de adxudicación son os sinalados no artigo 10.2 do prego de cláusulas administrativas.
Prezo licitación: Orzamento máximo de licitación: 239.852,81 euros (máis o IVE do 16%)
Prazo execución: TRES MESES
Prazo de presentación de documentación: TRECE DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no DOGA.
Data de publicación en web: 18/01/2010
O Consello de Administración de TUSSA, na súa sesión de 15 de xaneiro de 2010, acordou a ADXUDICACIÓN DEFINITIVA do servizo de campaña de traballos sobre a mobilidade na área metropolitana de Santiago á empresa OPINOMETRE, SL, por importe de 82.300 € máis o IVE.
Estado do procedemento: Adxudicados
Tipo de contrato: SERVIZO DE CAMPAÑA DE TRABALLOS SOBRE A MOBILIDADE NA ÁREA METROPOLITANA DE SANTIAGO