tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Perfil de Contratante




Concurso para a contratación do servizo de cobro e control de accesos do aparcadoiro de borde de Santa Marta, en Santiago de Compostela

Data de publicación en web: 12/05/2010

O obxecto do contrato é a realización do servizo de cobro e control de accesos do aparcadoiro de borde de Santa Marta.

Estado do procedemento: En prazo de presentación

Tipo de contrato: Licitación pública por procedemento aberto.

Prezo licitación: Orzamento máximo de licitación: 44.759,00 euros anuais (máis o IVE)

Prazo execución: DOUS ANOS, podendo ser prorrogado anualmente ata un máximo de catro anos.

Prazo de presentación de documentación: QUINCE DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no DOGA.


ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DAS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DO APARCADOIRO DE BORDE DE SANTA MARTA

Data de publicación en web: 06/05/2010

O Consello de Administración de TUSSA, na súa sesión de 5 de maio de 2010, acordou a ADXUDICACIÓN DEFINITIVA das obras de construción do aparcadoiro de borde de Santa Marta á empresa CONSTRUCCIONES EN PIEDRA SIGRÁS, SL, por importe de 153.001,47 €, máis o IVE, unha redución do prazo de execución do 75,56 % e unha proposta para o desbrozado, limpeza e acondicionamneto do resto da parcela valorada en 10.114,68 €, máis o IVE.

Estado do procedemento: Adxudicados

Tipo de contrato: OBRAS DE CONSTRUCIÓN DO APARCADOIRO DE BORDE DE SANTA MARTA


CONCURSO: OBRAS DE CONSTRUCIÓN DO APARCADOIRO DE BORDE DE SANTA MARTA

Data de publicación en web: 29/04/2010

O Consello de Administración, na súa sesión de 29 de abril de 2010, acordou a ADXUDICACIÓN PROVISIONAL das obras de construción do aparcadoiro de borde de Santa Marta á empresa CONSTRUCCIONES EN PIEDRA SIGRÁS, SL, por un importe de 153.001,47 € máis o IVE.

A empresa adxudicataria dispón dun prazo de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio para constituír a fianza definitiva (o 5 % do importe de licitacion), así como para a presentación da documentación que recolle o Prego.

Estado do procedemento: Resoltos Provisionais

Tipo de contrato: OBRAS DE CONSTRUCIÓN DO APARCADOIRO DE BORDE DE SANTA MARTA