tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Perfil de Contratante




Concurso para a contratación do servizo de xestión e mantemento do sistema de bicicletas de uso público do Concello de Santiago. APERTURA DO SOBRE Nº 2

Data de publicación en web: 05/01/2011

CONVOCATORIA PARA OS LICITADORES: CONVOCATORIA PARA A APERTURA DO SOBRE Nº 2

Convócase ás empresas que presentaron as súas ofertas á apertura do sobre nº 2, que terá lugar o próximo mércores 12 de xaneiro ás 11.00 horas no Concello (en Raxoi, na praza do Obradoiro).

Estado do procedemento: En tramitación


Concurso para a contratación do servizo de xestión e mantemento do sistema de bicicletas de uso público do Concello de Santiago

Data de publicación en web: 22/11/2010

O obxecto do contrato é a realización do servizo de xestión e mantemento do sistema de bicicletas de uso público do Concello de Santiago.

Estado do procedemento: En prazo de presentación

Tipo de contrato: Licitación pública por procedemento aberto

Prezo licitación: Orzamento máximo de licitación: 61.500 € (máis o IVE)

Prazo execución: UN ANO, podéndose prorrogar por acordo expreso do órgano de contratación, desde o remate do prazo de execución ata o 9 de novembro de 2012, ou por un período inferior.

Prazo de presentación de documentación: QUINCE DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no DOGA.


SERVIZO DE COBRO E CONTROL DE ACCESOS DO APARCADOIRO DE BORDE DE SANTA MARTA. Adxudicación definitiva

Data de publicación en web: 23/07/2010

O Consello de Administración de TUSSA, na súa sesión de 23 de xullo de 2010, acordou a ADXUDICACIÓN DEFINITIVA do servizo de cobro e control de accesos do aparcadoiro de borde de Santa Marta á empresa LIMCO, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA DE INTEGRACIÓN SOCIAL por importe de 29.406,90 euros anuais (IVE excluído), por un período de dous anos, coa posibilidade de prórroga ata un máximo de catro anos.

Estado do procedemento: Adxudicados