tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Perfil de Contratante

TUSSA é unha sociedade mercantil que forma parte do sector público do Concello de Santiago, ten a consideración de poder adxudicador que non reúne a condición de Administración Pública os seus contratos teñen o carácter de privados, aos efectos do establecido na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP)

Os contratos de TUSSA réxense polas normas do Título I do LIBRO TERCEIRO da Lei de Contratos do Sector Público.

A información das licitacións iniciadas por TUSSA están aloxadas nos seguintes enlaces:

Contratacións posteriores ao 9 de marzo de 2018

https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&D=800&N=335&OR=335

Contratacións anteriores ao 9 de marzo de 2018




Concurso para a contratación do subministro de 10 postes electrónicos de información en parada aos usuarios do transporte urbano en Santiago

Data de publicación en web: 24/03/2011

O obxecto do contrato é o subministro de 10 postes electrónicos de información en parada  aos usuarios do transporte urbano de Santiago.

Estado do procedemento: En prazo de presentación

Tipo de contrato: Licitación pública por procedemento aberto, con distintos criterios de valoración.

Prezo licitación: Orzamento máximo de licitación: 61.000 euros (máis o IVE)

Prazo execución: CINCO MESES (5 MESES)

Prazo de presentación de documentación: QUINCE DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no DOGA.


Servizo de xestión e mantemento do sistema de bicicletas de uso público do Concello de Santiago. Adxudicación

Data de publicación en web: 17/03/2011

O Consello de Administración da Sociedade, reunido o 17/03/11, acordou a ADXUDICACIÓN do contrato de referencia á empresa TUIMIL ELECTRICIDAD, SA por un importe de 58.600 €

A formalización do contrato efectuarase dentro dos quince días hábiles seguintes a aquel no que se reciba a notificación da adxudicación aos licitadores e candidatos.

Unha vez formalizado o contrato actualizarase neste perfil de contratante a data concreta na que se levou a cabo o citado trámite.

Estado do procedemento: Adxudicados


Concurso para a contratación do servizo de xestión e mantemento do sistema de bicicletas de uso público do Concello de santiago. APERTURA DO SOBRE Nº 3

Data de publicación en web: 04/02/2011

CONVOCATORIA PARA OS LICITADORES: CONVOCATORIA PARA A APERTURA DO SOBRE Nº 3

Convócase ás empresas que presentaron as súas ofertas á apertura do sobre nº 3, que terá lugar o próximo mércores 9 de febreiro ás 13.00 horas no Concello (en Raxoi, na praza do Obradoiro).

Estado do procedemento: En tramitación