tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Perfil de Contratante

Servizo de cafetería da estación de autobuses de Santiago (Expte. 2016/CA/outubro)

Data de publicación en web: 09/11/2016

O obxecto do contrato é a explotación da cafetería da estación de autobuses, situada na Avda. Rodríguez de Viguri, s/n.

Os criterios de adxudicación son os sinalados na cláusula 10.3 do prego de cláusulas administrativas. 

Canon de licitación 

De acordo coa cláusula 6 do prego administrativo, os canons son os seguintes:

Canon mínimo de aluguer da cafetería: 1.000€/mes + o IVE correspondente (canon obrigatorio)

Canon instalación máquinas de vending: 50€/mes por máquina + o IVE correspondente (canon opcional)

Seguemento do contrato:

O contrato asinouse o 13 de febreiro de 2017

Estado do procedemento: Adxudicados

Tipo de contrato: Procedemento aberto

Prazo execución: DOUS ANOS; o contrato poderá prorrogarse por acordo expreso do órgano de contratación por períodos máximos de tres meses, se ben a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non excederá de catro anos.

Prazo de presentación de documentación: TRINTA DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Publicación no Boletíns Oficiais:
DOG (09/11/2016)

Garantías e gastos aplicables: Garantía provisional: non se esixe.
Garantía defintiva: 1.800 € (mil oitocentos euros)
Será por conta do adxudicatario o gasto desta publicación no DOG.

Clasificación e requisitos do contratista: Non se esixe

Lugar e presentación da documentación: Os licitadores poderán presentar proposicións nas oficinas de TUSSA (praza de Camilo Díaz Baliño, s/n (estación de autobuses), CP 15704 Santiago-A Coruña, en horas de 9.00 a 14.00 horas.

Documentación e demais información: nas oficinas de TUSSA. Tfno. 981 56 82 10. Fax 981 57 43 24.