tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Perfil de Contratante

Subministro, instalación e servizo de asistencia técnica de mantemento, durante o período de garantía, dun sistema de xestión, control e cobro para as instalacións da Sociedade.

Data de publicación en web: 30/10/2017

O obxecto do contrato é o subministro, instalación e servizo de asistencia técnica de mantemento, durante o período de garantía, dun sistema de xestión, control e cobro no aparcadoiro e na dársena de autobuses de Xoán XXIII e no aparcadoiro de Belvís.

A adxudicación do contrato realizarase polo órgano de contratación, mediante procedemento aberto, tomando como base os criterios de adxudicación da cláusula 10 do prego administrativo.

O orzamento máximo de licitación, sen incluír o IVE, que deberá soportar TUSSA para o subministro, instalación e mantemento, en período de garantía, fíxase en 195.000,00 €.

O IVE correspondente (21% do orzamento base anterior) ascende a 40.950,00 €.

Neste orzamento de licitación está incluído o subministro, a instalación e o mantemento, durante o período de garantía, nos termos establecidos no prego técnico.

O importe do mantemento, xa incluído no importe de licitación, será como máximo de 4.000€/anuais para o aparcadoiro e dársena de Xoán XXIII e de 2.500€/anuais para o aparcadoiro de Belvís. Non se admitirán ofertas que superen ditos importes.

Estado do procedemento: En prazo de presentación

Tipo de contrato: Procedemento aberto

Prazo execución: O prazo de entrega do subministro establécese en tres meses desde a formalización do contrato.

A montaxe e instalación dos equipos e a posta en marcha deberá facerse nun prazo máximo de 10 días desde a entrega do subministro. No caso do aparcadoiro de Belvís, o prazo para a instalación e posta en marcha será de 10 días desde que TUSSA comunique á empresa adxudicataria a finalización das obras de renovación do aparcadoiro.

Respecto dos servizos de asistencia técnica de mantemento, establécese unha duración de DOUS ANOS desde a formalización da Acta de Recepción. Por cada instalación asinarase un Acta de Recepción, polo que as datas de inicio e finalización do contrato de mantemento poden ser diferentes.

Prazo de presentación de documentación: 30 DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación do anuncio no Boletín Oficial de A Coruña,

Publicación no Boletíns Oficiais:
BOP (30/10/2017)

Garantías e gastos aplicables: Garantía provisional: non se esixe.
Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación.
Será por conta do adxudicatario o gasto desta publicación no Boletín Oficial de A Coruña

Clasificación e requisitos do contratista: Non se esixe

Lugar e presentación da documentación: Os licitadores poderán presentar as proposicións nas oficinas de TUSSA (praza de Camilo Díaz Baliño, s/n-estación de autobuses, CP 15704 Santiago-A Coruña), en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Documentación e demais información: nas oficinas de TUSSA. Tfno. 981 56 82 10. Fax 981 57 43 24.