tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Perfil de Contratante

Concurso para a contratación do subministro e mantemento dun equipo multifunción

Data de publicación en web: 18/01/2016

O obxecto do contrato é o subministro dun equipo multifunción, que inclúe a instalación, configuración, posta en funcionamento e o mantemento integral durante a vixencia do contrato.

Orzamento máximo de licitación:

O orzamento máximo de licitación, sen incluír o IVE, que deberá soportar TUSSA para o subministro do equipo multifunción fíxase en 4.500,00 € + IVE.

O IVE correspondente (21% do orzamento base anterior) ascende a 945,00 €.

No caso do mantemento, o importe máximo de licitación por páxina é de: en branco e negro: 0,015 €/páxina + IVE; en cor: 0,085 €/páxina + IVE.

Seguemento do contrato:

O contrato asinouse o 6 de abril de 2016

Estado do procedemento: Adxudicados

Tipo de contrato: Licitación pública por procedemento aberto

Prazo execución: O contrato terá unha duración de CINCO ANOS, a contar desde o día que se estipule no contrato.

O equipo, xunto con calquera hardware e software ofertado, será subministrado e posto en explotación nun prazo máximo de 10 días hábiles a contar desde a data de formalización do contrato.

Prazo de presentación de documentación: QUINCE DÍAS NATURAIS a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no DOG.

Publicación no Boletíns Oficiais:
DOG (18/01/2016)

Garantías e gastos aplicables: Garantía provisional: non se esixe
Garantía definitiva: 529 euros.
Será por conta do adxudicatario o gasto derivado da publicación desta licitación no DOG.

Clasificación e requisitos do contratista: Non se esixe

Lugar e presentación da documentación: Os licitadores poderán presentar proposicións nas oficinas de TUSSA (praza de Camilo Díaz Baliño, s/n (estación de autobuses), CP 15704 Santiago-A Coruña, en horas de 9.00 a 14.00 horas.