Inaugurada no mes de agosto do ano 1971, a estación de autobuses de Santiago de Compostela é na actualidade unha das principais vías de entrada de turistas, traballadores e demais visitantes da cidade.
Durante máis de 30 anos foi xestionada polo Concello de Santiago que levou a cabo una serie de reformas para adecuar a estación aos cambios producidos no sector do transporte de viaxeiros para conseguir unha estación funcional.
En abril do 2005 o Concello de Santiago de Compostela cedeu a xestión da estación de autobuses á empresa municipal
TUSSA. Unha empresa que foi creada no ano 1999 para a xestión do transporte da cidade e tiña, entre os seus obxectivos, xestionar esta importante instalación para a mobilidade na cidade.
Desde o 2005 ata hoxe
TUSSA marcouse como obxectivo mellorar a eficiencia e a funcionalidade da estación, levando a cabo unha serie de reformas que permitan ao usuario encontrarse máis cómodo na instalación. Procedeuse ao pintado das zonas mais danadas, colocáronse bolardos de causas de seguridade nas plataformas, tratouse, con un produto químico especial, o chan dos andéns para evitar caídas, colocáronse pantallas informativas de saídas ao longo da estación para ter informados aos usuarios, así como un sistema de megafonía automático que informa das saídas, reparáronse os baños, cambiouse a facturación para un novo local moito máis funcional e que permite un servizo moito máis áxil.
Os servizos que ofrece a estación de autobuses son os seguintes:
- Rede wifi gratuíta para todos os usuarios da estación
- Servizo de información ao usuario. Na planta principal. Horario de atención ao público: de 6.30 a 22.30 horas.
- Servizo de consignas para vultos. Na planta principal. Horario: de 6.30 a 22.00 horas. Máis información en documentos relacionados.