tussa

Novo bus + Bus

concello de santiago


Novas

DESVÍOS NO TRANSPORTE URBANO

Desvío nas liñas 5 e C2 por corte de tráfico na rúa García Prieto o luns 16 (9:30 a 20:00) e o martes 17/6 (9:30 a 15:00)

10/06/25

Debido a un corte de tráfico que terá lugar na rúa de García Prieto o luns 16 (9:30 a 20:00) e o martes 17/6 (9:30 a 15:00), as liñas 5 en sentido Rocha e C2 realizarán o seguinte desvío:

Despois da rúa Frei Rosendo Salvado, desviaranse pola avda. de Ferrol, quedando suprimidas as seguintes paradas:
* Parada 95: avda. Vilagarcía nº 26

* Parada 269: García Prieto nº 18-22 (Doutor Maceira)

* Parada 270: García Prieto nº 64

* Parada 575: Sánchez Freire

Os autobuses realizarán tres paradas alternativas no desvío pola avda. de Ferrol, aproximadamente á mesma altura que as existentes no carril contrario desa avenida. As liñas voltarán ao seu percorrido habitual no momento en que se reabra ao tráfico a rúa cortada.

Pregamos desculpen as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.